xoves, 12 de abril de 2018

Este ano para celebrar o "Día do Libro" imos a participar no I Concurso Literario  " Repoluga Edicións". 
BASES DO CONCURSO:
  • Podes escribir sobre o tema que ti decidas
  • Ten que ter como máximo 200 palabras
  • A data límite de entrega é o 18 de abril do 2018
  • Farase en clase, sen axuda dos teus pais e amigos
  • Participan todos os alumnos e alumnas de Primaria 
  • Gañará un neno ou nena de cada clase
  • O premio será saír no noso xornal "Faro da Escola" e un libro de agasallo
  • As claves para gañar o concurso de literatura son:
    • Ter boa letra e boa presentación
    • Cometer as mínimas faltas de ortografía
    • Elaborar un texto con sentido
    • O relato ten que facerse con imaxinación

martes, 6 de xuño de 2017

ENQUISA SOBRE A BIBLIOTECA ESCOLAR

Os alumnos e alumnas deben contestar de forma anónima a estas preguntas. Ao final das preguntas premer no botón de enviar
Enquisa 3º e 4º

Enquisa 5º e 6º

xoves, 9 de abril de 2015

A CURACIÓN DE CONTIDOS



Teño que recoñecer que antes de empezar este curso de "Creación de ambientes persoais de aprendizaxe" non sabía a que se refería o termo "curación de contidos". Despois de buscar información podo decir que a “curación de contidos” consiste en buscar, filtrar, organizar e difundir, de forma segmentada, parte da gran cantidade de contidos que se xeneran en Internet.





O termo 'curación de contidos' (proveniente do inglés, 'content curation') refírese á selección de información que outros produciron ao redor dun tema específico. Un traballo que os alumnos deberán realizar co docente como guía e compañeiro de exploración, e que contribuirá a que desenvolvan o seu pensamento crítico.








O docente convírtese nun "curador"que é unha persoa que busca ,escolle e elixe o mellor contido da rede para despois comunicalo aos seus alumnos ou a toda a comunidade educativa.


Como este é un blog dunha biblioteca falarei da figura do bibliotecario ou bibliotecaria "tradicional" que é coma o "curador", O bibliotecario tamén ten que buscar, escoller e elixir os mellores materiais escritos, cintas de video,DVD, revistas... dentro da súa biblioteca, que lle permitan o alumno, facer un bo traballo ou resolver a súas dúbidas. 
Claro está que nunha biblioteca os materiais son máis ou menos limitados,según o tamaño da biblioteca.
O "curador" atópase con infinita información na infinita biblioteca que é Internet.









Hoxe en día nas nosas bibliotecas, o bibliotecario segue facendo un traballo "tradicional":
 " - O libro que che interesa está nesa estantería" - pero tamén ten que ser "curador" pois cada vez máis os alumnos buscan a información que precisan en Internet: ordenadores, tablets, smartphones... e dende a biblioteca debemos facilitarlle a labor de atopar o que precisan, contidos filtrados, organizados e esa búsqueda que se poida difundir para outros cos comentarios que estimen oportunos. Actualmente nas nosas bibliotecas os libros e materiais impresos comparten espacio cos ordenadores e tablets.



Enlaces

domingo, 1 de marzo de 2015

VISITA ABRAHAM CARREIRO

ABRAHAM CARREIRO
Como ben sabedes o ilustrador e escritor ABRAHAM CARREIRO estivo no noso cole. Foi unha visita moi agardada por todos pois estivemos traballando coas súas obras e foi todo un pracer que Abraham nos explicase como debuxa el.








OBRAS CAS QUE ESTIVEMOS TRABALLANDO:

  • Estudios Tex
  • A pel do crocodilo
  • Latcho Drom
  • Peito de lobo
  • O cazador de Cambodia
  • As espiñas do porco espiño
Aquí podemos ver unha escolma dos traballos feitos polos alumnos e alumnas.




Neste video Abraham Carreiro explica como debuxar animais.



Neste xornal podemos ver a noticia desta visita.
FARO DE VIGO

Outras fotos da visita


Pequena biografía de Abraham Carreiro
BIOGRAFÍA

xoves, 20 de novembro de 2014

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

A principios de outubro Repoluga recibiunos na súa casa, a BIBLIOTECA, para a inauguración da biblioteca para este curso 2014-2015. Os maiores explicaron ós máis pequenos as normas e o funcionamento da biblioteca.

xoves, 23 de xaneiro de 2014

DÍA DA PAZ

O xoves 30 de xaneiro festéxase o Día da Paz. Coma tódolos anos no colexio traballeremos sobre este tema. Este ano o tema central será a figura de Nelson Mandela coma homenaxe a este traballador da Paz. A continuación podemos atopar unha serie de enlaces para facilitar as actividades nas aulas.




mércores, 18 de decembro de 2013

Guía de lectura para o Nadal

Durante estas vacacións seguro que teredes tempo para a lectura, aquí tendes unha guía que vos pode axudar a escoller un libro. BOAS FESTAS

martes, 10 de decembro de 2013

"PAXARO DE MAR E VENTO" - SOMBRAS CHINESAS

Co motivo da visita do autor do libro "Paxaro de mar e vento" Tucho Calvo, alumnas e alumnos de diferentes cursos prepararon o conto coa técnica das sombras chinesas para agasallar ó autor e a todo o alumnado e profesorado do CEIP "San Roque". Este é o resultado: