mércores, 18 de decembro de 2013

Guía de lectura para o Nadal

Durante estas vacacións seguro que teredes tempo para a lectura, aquí tendes unha guía que vos pode axudar a escoller un libro. BOAS FESTAS

martes, 10 de decembro de 2013

"PAXARO DE MAR E VENTO" - SOMBRAS CHINESAS

Co motivo da visita do autor do libro "Paxaro de mar e vento" Tucho Calvo, alumnas e alumnos de diferentes cursos prepararon o conto coa técnica das sombras chinesas para agasallar ó autor e a todo o alumnado e profesorado do CEIP "San Roque". Este é o resultado:

xoves, 5 de decembro de 2013

EXPOSICIÓN NOVOS TALENTOS

Aquí vos deixamos á primeira participante na "Exposición de novos talentos" convocada pola biblioteca, dentro do proxecto "Arte na escola": Zoe Naveiro Feijoo de 3º de Primaria. Noraboa polos teus debuxos !e gracias pola túa colaboración!