luns, 25 de febreiro de 2013

FINA CASALDERREY

O venres 22 de febreiro visitou o noso cole "Fina Casalderrey". Previamente e proposto dende a Biblioteca os diferentes cursos traballaron sobre a figura de Fina e un libro desta autora.
4 anos de Infantil: "Quen son eu?"
5 anos de Infantil están a traballar sobre "Quen me quere adoptar"
1º e 2º de Primaria o libro: "Quen me quere adoptar?"
3º e 4º de Primaria: "Chamizo"
5º e 6º de Primaria: "O misterio do Faro Vello"
Os debuxos expostos na entrada do cole foron realizados polos alumnos e alumnas despois do traballo sobre cada conto. A visita da escritora foi moi interesante e entretida e os nenos e nenas participaron facendo unha serie de preguntas á antiga MESTRA.