martes, 26 de novembro de 2013

TUCHO CALVO

O vindeiro VENRES 29 de NOVEMBRO visitará o noso cole o escritor TUCHO CALVO , que publicou, entre outros títulos, o libro "PAXARO DE MAR E VENTO" coas ilustracións de XOSÉ COBAS.
Co motivo desta visita temos no noso centro unha exposición coas láminas que ilustran ese libro e uns traballos feitos por distintas aulas.


luns, 18 de novembro de 2013

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA 2013-2014

Durante a semana do 21 de outubro ata o 28 de outubro fíxose a inauguración da biblioteca para este curso 2013 - 2014. Como novidade este ano construiuse unha maqueta da biblioteca. Neste video podemos ver as explicacións que lle deron os maiores ós máis pequenos para explicarlles o bo uso da Biblioteca.

Coñecendo a nosa biblioteca from REPOLUGA on Vimeo.